Diego Sarmiento de Acuña I conde de Gondomar |
Noutros tempos non había vila que se
prezase que non tivese o seu “parvo”. Era protagonista de relevo na vida
social. As limitacións intelectuais, os defectos físicos, as peculiaridades na
fala, os singulares xeitos de andar ou os particulares xestos e expresións
servían de chanza para as persoas malvadas, que sempre as houbo. Mais eran
tamén as súas “ocorrencias”, as súas “saídas”, ou as “respostas” que daban a
moitos burladores que resultaban burlados as que pasaban a ocupar, durante
anos, un lugar salientábel nos comentarios das xentes ou se convertían en
especiais xeitos de razoar dos que os veciños botaban man en situacións de
incerteza e dúbida. Mesmo en moitas ocasións a súa “inocencia” permitíalle
dicir ou actuar como outros quixeran mais non se atrevían por medo ás presións
sociais e aos “que dirán”. Os “parviños”, coma os tolos, eran socialmente ben
aceptados, nin se ocultaban nin se recluían.